Programme d'activités de campements et camps de travail 2009 |
écrit par Galiciaaberta | ||||||||||||||||||
02-02-2009 | ||||||||||||||||||
Activités de campements et camps de travail destinés aux jeunes d'origine galicienne ou descendants de galiciens et qui résident à l'extérieur. Date limite: jusqu'au 28 de février 2009. Programa de actividades de campamentos e campos de traballo 2009Programa ao que pertence:Actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior. A Secretaría Xeral de Emigración ten coma un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, o desenvolvemento de actividades culturais, de accións solidarias e tempo libre dirixidas á xuventude do exterior, así como o fomento da partiparticipación dos mozos e mozas descendentes de galegos nos programas e servizos a favor da xuventude. Resolución:Resolución do 19 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convoca e se regula para o ano 2009 o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior. ModalidadesActividades de campamento (336 prazas):Na quenda do 1 ao 12 de xullo ten lugar a actividade Galicia: verde e azul, que busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra; residirán os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos- en dúas instalacións: seis días na zona de interior (no Camp. Xuv. Os Chacotes , Palas de Rei (Lugo)) e seis días na zona de costa ( no Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña)), permanecendo en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en cuartos compartidos, no segundo Na quenda, do 17 ao 28 de xullo, teñen lugar as Rutas coñece Galicia, a través dunha actividade de campamento itinerante, residindo os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 22 anos- en tres instalacións de tipo albergue ou residencia xuvenil (en cuartos compartidos), cunha permanencia duns 4 días en cada unha delas. Complemento das actividades son as prácticas deportivas variadas acordes coa instalación en que se atopen residindo e actividades culturais para o coñecemento da realidade social de Galicia Campos de traballo (28 prazas):Participantes con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, en modalidades tales como: arqueoloxía/social, ambiental e cultural-etnográfica. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre. Destinatarios:Mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior. Requisitos dos beneficiarios:Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que, cumpran os seguintes requisitos (acreditados suficientemente coa documentación que acompaña á solicitude de participación):
Prazas336 prazas en actividades de campamento e 28 en campos de traballo. Datas de celebración :Actividades de campamento
Campos de traballo
Convocatoria:D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) Nº 2 , 5 de xaneiro de 2009 Promovido por:Secretaría Xeral de Emigración coa colaboración da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia a través da súa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Ano2009 Prazo de presentaciónAta o 28 de febreiro de 2009. Lugar de presentación:
Nas entidades colaboradoras que se sinalan a continuación, habilitadas para a presentación telemática das súas solicitudes: * En Brasil:
* En Uruguai:
* En Venezuela:
Nota:Para a presentación destas solicitudes, os interesados poderán tamén utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. Para iso deberán posuír un certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (Real Casa da Moeda). Non obstante, aqueles que non conten co dito certificado poden dirixise ás entidades colaboradoras, nas que hai persoas habilitadas para presentar na Secretaria Xeral de Emigración, por vía telemática, as solicitudes destes particulares, facendo constar a autorización dos mesmos. Tipo de axuda:Os participantes procedentes de España percibirán unha axuda de custo para a viaxe a Galicia por importe máximo de douscentos vintecinco euros (225 €), polo gasto realizado nun medio de transporte público e sempre en clase turista. No caso excepcional de utilizar un vehículo particular a contía a indemnizar será de 0,19 euros por quilómetro, ata o máximo previsto. (De todos estes gastos os participantes deberán aportar a documentación xustificativa, facéndose cargo destas axudas a Secretaría Xeral de Emigración). Para os participantes do resto dos países, o financiamento do 100% do custo dos billetes de transporte desde o seu lugar de orixe ata o aeroporto de destino en Galicia, así como os medios de desprazamento dos beneficiarios con retorno inmediato desde a instalación en que finalizan a actividade ata o aeroporto de saída. O aloxamento e manutención é gratuíto, correndo a cargo da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar). Contacto:
Cobertura sanitariaOs participantes gozarán durante a súa estadía en Galicia (non aplicable no resto de España) de asistencia sanitaria de urxencias, durante un período máximo de 3 meses. Información adicional:Consultar Resolución de convocatoria.
|
||||||||||||||||||
Dernière mise à jour : ( 22-09-2010 ) |