Asociación Cultural Cántigas e Frores

Asociación Cultural "Cántigas e Frores"

REPERTORIO | CONTACTO | ACTUACIÓNS | ESCOLAS | CURSO | FESTIVAL | FEIRA DO 48 | GALERÍAS
Herramienta de tradución gratuita de páxinas web



A asociación cultural “Cantigas e Frores” foi creada no ano 1948 como unión das agrupacións “Frores e Silveiras” e “Cantigas e Aturuxos”. Ambas agrupacións proviñan da excisión do “Orfeón Galego” que dirixía o mestre Xoán Montes.

Dende esta época a Asociación Cultural “Cantigas e Frores” estivo e está vencellada á dinamización da vida cultural lucense.

É membro fundador da Federación Galega de Grupos de Danzas e máis da Federación Española de Agrupacións de Folclore. Organiza tódolos anos cursos sobre cultura tradicional e outras manifestacións culturais vencelladas con ela. A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” participou de xeito continuo en actuacións e festivais coa súa coral, grupo de danzas e grupo de gaitas. Estas actuacións tiveron lugar por toda a Península Ibérica (Andalucía, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Extremadura, Galicia, A Rioxa, Madrid, Murcia, País Vasco, Portugal e Principado de Asturias) e fora de esta (China, Arxentina, Bélxica, Brasil, Cuba e Francia). Na actualidade conta con máis de 300 socios e as súas escolas acollen a máis de 200 alumnos cada ano, ademais dos 120 que asisten ao “Curso de cultura tradicional Galega” na Semana Santa.

As súas principais actividades actuais inclúen:

Outros obxectivos da asociación son:

  • Estudio, fomento e divulgación da cultura tradicional galega.
  • Creación dun arquivo fonográfico, videográfico e bibliográfico sobre a actividade da asociación, co material recollido durante os anos da súa existencia.
  • Edición de publicacións.
  • Asesoramento a entidades públicas e privadas de ámbito local no relativo á música e ao baile tradicionais.
  • Organización de cursos específicos e seminarios.
  • Encontros de música e baile tradicional.
  • Exposicións de artesanía e fotografía.
  • Viaxes e visitas formativas e de lecer.

Algunhas das datas máis salientables da historia da asociación:

Ano
Mes
Día
Lugar
Evento
1948 8 8 Lugo
Celébrase a primeira reunión para a creación de Cántigas e Frores. A iniciativa e mailos contactos están promovidos por D. Francisco Rivera Manso
1948 9 4 Lugo
Reorganizase unha coral con persoas pertencentes ás dúas existentes en Lugo: Cántigas e Aturuxos e Frores e Silveiras. Director: D. José García Rodríguez
1948 9 6 Lugo
A nova coral pasa a denominarse Cántigas e Frores
1948 9   Vigo 2º premio no concurso rexional de coros galegos
1950 8 20 Vigo 1º premio no concurso rexional de coros galegos (compartido).
1953     Madrid Concurso Internacional. 1er premio
1954     Donostia 1º premio en danzas e 2º en coros
1955     Madrid 1º premio en danzas
1966 7 31 A Coruña Participación nas Bodas de Oro de Cantigas da Terra
1972 9 1 Lugo
Comenza a funciona-la escola infantil de baile, que se manterá permanentemente
1974     Lugo
Colaboración para a elaboración do documental Lugo 2.000 (NO-DO)
1974     Lugo
Cambiase de locaiss de ensaio. Dos sotos da Casa Sindical ao antigo Hospital de Santa María
1976     Lugo
Comeza un proxecto de coral polifónica. Diríxeo D. Manuel González Domínguez. Inicianse os ensaios
1978     Lugo
A Asociación abandoa os locais que viña utilizando no antigo Hospital de Santa María e instálase en locais cedidos na Casa da Xuventude,ao carón da Diputación Provincial.
1979 5   Lugo
Preséntase a coral polifónica. D. Indalecio Fernández Groba, en calidade de director, comeza os ensaios
1980     Lugo Adquírese unha bandeira para a asociación
1980     Lugo
Grabación dun LP do grupo de gaitas. Radio Popular. Dial Discos
1980 12 18 Lugo
Pola concelleira de cultura Dª Tucha Calvo, proponse a utilización duns locais no edificio municipal de Quiroga Ballesteros
1982 2 20 Lugo

Recíbese comunicación para deixa-los locais utilizados na Casa da Xuventude

1983 5 7 Lugo
Homenaxe a Juanjo Linares. Participan 18 grupos que viaxan a Lugo pagándose os seus gastos. Madrid, Avila, Vigo, A Coruña, Ordes, Marín, Xove, Monforte e Lugo
1983 11 25 Lugo
Xunta Xeral Ordinaria. Acórdase integrarse nas Federacións Provinciais de Coros e a Galega de Corais, nombrando representantes nas mesmas ós Sres. D. Julio Méndez Menéndez de Llano, D. Indalecio Fernández Groba e D. Alfonso Penedo Alvarez. Acórdase integrarse na "Federación Española de Agrupaciones de Folclore"
1985     Lugo
Cantigas e Frores cambia de locais de ensaio á Rúa Quiroga Ballesteros, no 2º andar
1985 1 26 Lugo
Celébrase en Santiago o I Congreso de Folclore das Comunidades e Nacionalidades Históricas. Patrocinado pola Consellería de Cultura. Asisten cerca de 1.000 persoas de toda España. Esta Asociación intervén directamente na organización ao través de D. Julio Méndez Menéndez de Llano, que é Subdirector deste Congreso
1986 5   Buenos Aires
O Secretario Xeral, viaxa a Buenos Aires, en preparación da Semana de Lugo, acompañando ao Alcalde de Lugo, D. Vicente Quiroga Rodríguez
1986 5 18 Murcia
Participación do Secretario Xeral no II Congreso de Folclore das Comunidades e Nacionalidades Históricas
1986 7 5 Teruel
D. Julio Méndez Menéndez de Llano, Secretario Xeral de Cantigas e Frores, é pregoeiro da "Muestra Internacional de Folclore"
1988 2 16 Lugo
Asínase un Convenio co Concello de Lugo, polo que se cede o primeiro andar das oficiñas municipais de Quiroga Ballesteros a esta Asociación
1989     Lugo
Por acordo da Comisión de Goberno do Concello de Lugo, os locais que se viñan utilizando en el edificio de Quiroga Ballesteros, compostos dun cuarto separado por portas corredeiras, redúcense a unha terceira parte, deixando os outros dous para a Banda Municipal de Música
1990 9   Lugo
Remodélase na súa totalidade o grupo de baile
1991 10 31 Lugo A Diputación Provincial entrega a Cántigas e Frores instrumentos musicais realizados no seu taller de gaitas. Preside a entrega o titular da Diputación, D. Francisco Cacharro Pardo
1993 5 13 Lugo
O Concello de Lugo denuncia o convenio subscrito o 22-01-88, e como consecuencia da un prazo para desaloxa-los locais utilizados ata a data
1995 6 1 Brasil O Secretario Xeral de Cántigas e Frores viaxa a Brasil para impartir clases de baile tradicional nas localidades de Niteroi, Curitiba ePorto Alegre
1995 10   Lugo Comeza a funcionar a Escola de Gaitas e Percusión, que se manterá permanentemente
1996     Lugo
Por indicación do Concello, hai que desaloxa-los locais que dende hai anos vieñense empregando no edificio municipal de Quiroga Ballesteros
1996     Lugo
O Concello de Lugo cede a utilización duns locais nunha nave da antigua factoría de FRIGSA, no Parque da Milagrosa
1997     Lugo
A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, nomea "MILAGROSISTA DEL AÑO" a Cántigas e Frores. Recóllese o galardón nun acto celebrado o día 12 de decembro
1998     Lugo
Realízanse obras de exeitamento nos novos locais cedidos polo Concello de Lugo no parque da Milagrosa, con aportacións económicas de socios eempresas de Lugo
1998     Lugo
A Asociación de Radio eTelevisón de Lugo nomea a Cántigas e Frores "LUCENSE DEL AÑO"
1998     Lugo A Asociación de Antiguos Alumnos da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón acorda entrega-la Medalla da mesma a Cántigas e Frores
2000     Lugo Creación da Banda de Gaitas de Cántigas e Frores
2008  12 12  Lugo Recibe o XIII Prémio de Cultura Tradicional "María Castaña" no apartado de Asociacións.
2016  8   Lorient Asiste a Banda de Percusión e Gaitas da Asociación ao Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña Francesa, representando a Galicia
2019  11 Ourense Recibe o "X Premio Xabier Prado Lameiro" otorgado pola Coral de Ruada de Ourense.

 


MAPA SITIO

Séguenos en:

Facebook Facebook Instagram Instagram Twitter Twitter Youtube Youtube