Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow Conecta con Galicia
Conecta con Galicia Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Secretaría Xeral de Emigración   
02-02-2015

SXE ENTIDADES GALEGAS – PROGRAMA “CONECTA CON GALICIA” 2015 

(ACTIVIDADES DE AIRE LIBRE E CAMPOS DE TRABALLO) 

Informámoslles que o día 2 de febreiro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se convoca o programa “Conecta con Galicia” (Actividades de aire libre e Campos de traballo 2015). As características principais son  as seguintes:

Prazo de presentación de solicitudes: un mes,  remata o día  2 de marzo de 2015.

Finalidade: facilitar á mocidade da Galicia Exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Requisitos esenciais dos participantes: mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos en Galicia ou descendentes de emigrantes galego e con nacionalidade española, os maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.

Modalidades: 

1. Actividades de aire libre : Convócanse 174 prazas, en dous grupos de idades (de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos), co seguinte programa:

a)     “Cultura e camiño”, os participantes aloxaranse seis días, en residencias xuvenís, participando en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrendo a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.

b)      “O mar de Galicia”, os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, en albergues xuvenís onde realizarán actividades de náutica de recreo e de coñecemento do medio mariño. 

Nestas 174 prazas inclúense 10 prazas para residentes no resto de España, e 8 para residentes no resto de Europa.

2. Campos de Traballo: Convócanse 22 prazas para a actividade que terá lugar nunha localidade da Comunidade Autónoma galega, para participantes con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos de idade. Previsiblemente esta actividade terá lugar na segunda quincena do mes de agosto.

Nestas 22 prazas inclúense 2 prazas para residentes no resto de España, e 2 para residentes no resto de Europa.

Financiamento:

Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%,  ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido na resolución.

PRAZAS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE 2015  (14-17 anos)

PAÍS

Quendas

Financiamento

1ª quenda

2ª quenda

Total

100%

50%

0%

Total

ARXENTINA

13

19

32

18

10

4

32

BRASIL

-

5

5

3

1

1

5

CUBA

-

-

0

-

-

-

0

URUGUAI

23

-

23

14

6

3

23

VENEZUELA

-

12

12

12

-

-

12

Resto América

2

2

4

2

1

1

4

Resto de España

-

-

0

-

-

-

0

Resto de Europa

2

2

4

-

2

2

4

TOTAIS

40

40

80

49

20

11

80

 

PRAZAS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE 2015  (18-20 anos)

PAÍS

Quendas

Financiamento

1ª quenda

2ª quenda

Total

100%

50%

0%

Total

ARXENTINA

24

11

35

22

10

3

35

BRASIL

-

9

9

7

1

1

9

CUBA

-

7

7

7

-

-

7

URUGUAI

13

6

19

15

3

1

19

VENEZUELA

-

8

8

8

-

-

8

Resto América

1

1

2

1

1

-

2

Resto de España

5

5

10

-

-

10

10

Resto de Europa

2

2

4

-

2

2

4

TOTAIS

45

49

94

60

17

17

94

  

PRAZAS CAMPOS DE TRABALLO 2015

PAÍS

100%

50%

0%

TOTAL

ARXENTINA

2

2

1

5

BRASIL

1

1

1

3

CUBA

2

0

0

2

URUGUAI

1

2

1

4

VENEZUELA

2

0

0

2

Resto de América

1

1

0

2

Resto de España

0

0

2

2

Resto de Europa

0

1

1

2

TOTAIS

9

7

6

22

Poderá descargar o texto completo e as solicitudes na páxina web desta secretaría xeral     http://emigracion.xunta.es 

Para obter máis información sobre a convocatoria, sobre a documentación a aportar, ou para rexistrar telematicamente as solicitudes os interesados deben dirixirse, segundo os país de residencia, ás entidades seguintes:

* En Arxentina:

Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires

* En Uruguai:

Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo

* En Brasil:

Peña Galega de la Casa de España de Río de Janeiro.

Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruccións de São Paulo.

Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.

* En Cuba:

            Federación de Sociedades Galegas en La Habana.

* En Venezuela:

Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Nas entidades citadas de Brasil, Cuba e Venezuela existen persoas habilitadas para o rexistro telemático das solicitudes.

Dernière mise à jour : ( 07-03-2015 )
 
< Précédent   Suivant >