Máster en Industria Musical - Universidade de Santiago de Compostela |
écrit par Matias Vazquez | |
08-07-2014 | |
Comunicado da Universidade de Santiago de Compostela :
“Intentar unir as persoas para facer unha industria de verdade”, segundo afirmou o profesor Xaime Fandiño, é o obxectivo do I Máster en Industria Musical que se impartirá en Galicia e que se presentou hoxe venres 4 de xullo nas Bodegas Martín Códax en Cambados.
O prazo de preinscrición no I Máster en Industria Musical da USC remata o
31 de agosto de 2014.
Nesta nova titulación, a Universidade de Santiago de Compostela abordará os aspectos artístico, estético, sonoro, loxístico, de xestión, produción e comercialización da industria musical actual. O seu obxectivo é conformar unha xeración de profesionais capacitados para a xeración de activos, a creación de valor engadido e a xestión de recursos artísticos e loxísticos na industria musical de Galicia.
A presentación xuntou representantes da universidade e de diferentes sensibilidades musicais e ámbitos profesionais, con proxección tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Pola Universidade de Santiago de Compostela, asistiron o vicerreitor da Coordinación e Comunicación da USC, Xosé Pereira, quen puxo de relevo “o valor da innovación” que supoñen iniciativas coma esta, e o director do Máster e profesor da USC Xaime Fandiño. O sector profesional e artístico estivo representado por músicos de éxito como Cristina Pato e Iván Ferreiro, que avogaron pola internacionalización da música galega, pasando do mercado local a un mercado mundial; Nicasio Gradaille, profesor de piano e integrante do innovador Taller Atlántico Contemporáneo, salientou a importancia de “atopar saídas profesionais” para as persoas que se forman nos conservatorios. Pola súa parte, o empresario Ángel Martínez, xerente de Espectáculos Lito, o maior representante galego de orquestras de verbena, entre elas, a Panorama e a París de Noia, subliñou que a música debe ser vista “como un investimento e non como un gasto” pola súa capacidade de mobilizar a economía, algo co que coincidiu co director da axencia Esmerarte Joaquín Martínez (Kin), manager, entre outros, de Vetusta Morla e Xoel López e organizador do festival Portamérica. En representación das Bodegas Martín Códax, que cedeu o escenario da presentación, asistiu María Garrido. O máster contará coa partipación activa de músicos, managers, produtores, compositores, promotores e xestores dos diferentes subsectores da industria musical. O alumnado poderá, grazas a eles, coñecer de primeira man a experiencia de reputados profesionais e artistas da industria e servirá para establecer accións de networking pensadas para favorecer a inserción laboral dos egresados. Este contacto directo facilitará tamén a orientación dos nosos alumnos en función dos seus intereses cara a unha carreira nas áreas artísticas ou de xestión. Este programa de posgrao resulta idóneo para titulados en CC da Información, Comunicación Audiovisual, Belas Artes, Historia da Arte e CC Económicas e Empresariais, entre outras. Os icenciados ou graduados en conservatorios superiores de música teñen tamén neste máster unha atractiva proposta académica con saídas profesionais na industria musical, así como a docencia e a investigación en música popular contemporánea, dentro da área internacionalmente coñecida como popular music studies. Prazo de preinscriciónO prazo de preinscrición no I Máster en Industria Musical da USC remata o31 de agosto de 2014. Programas e inscriciónOs datos sobre o Máster xa están dispoñibles nestas dúas páxinas web:www.masterenindustriamusical. http://www.usc.es/cptf/Postgrado/CursosPostgrado/Datos2014/Cp40052014-2015g.htm Sobre Canal CampusO I Máster en Industria Musical é unha iniciativa do equipo de investigación Canal Campus, un grupo multidisciplinar de docentes, investigadores e profesionais que aspira a facer da música unha saída profesional sustentable. Cremos que para iso é preciso promover unha masa crítica e profesional con capacidade de crear activos musicais, así como públicos, audiencias e circuítos que permitan consolidar unha industria que permita afianzar carreiras profesionais a longo prazo dentro e fóra de Galicia.Como institución imparcial, a USC pode e debe xogar un papel fundamental neste proceso modernizador e para acadalo promovemos iniciativas académicas, investigadoras, profesionais e solidarias, así como unha alianza estratéxica co tecido empresarial do noso país. Levamos varios anos realizando a nosa actividade investigadora dentro do ámbito dos Popular Music Studies, unha área académica centrada na música popular contemporánea e agrupada en torno á IASPM (International Association for the Study of Popular Music), con destacada presenza no mundo académico anglosaxón e de recente implantación no noso país. Canal Campus forma parte do Grupo de Investigación GI-1786 – Estudos Audiovisuais - Comunicación audiovisual: contidos, formatos e tecnoloxía [www.estudosaudiovisuais.org] da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Contacto e informaciónwww.masterenindustriamusical.info@masterenindustriamusical. Director:Xaime Fandiño / 653 324 436Oficina do Máster: Facultade de Ciencias da Comunicación Universidade de Santiago de Compostela Avenida de Castelao, s/n 15782 SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: 881 816 550 |
|
Dernière mise à jour : ( 15-01-2015 ) |
< Précédent | Suivant > |
---|