Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow Axudas para emprededores que desexen retornar a Galicia
Axudas para emprededores que desexen retornar a Galicia Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Galiciaaberta   
28-02-2014
logo galiciaabertaCo obxecto de apoiar o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares, a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia ven de publicar a  Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2014 (DOG nº 39 do 26/02/2014).
 
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 27 de febreiro e finalizará o 30 de setembro de 2014.
Serán gastos subvencionables  ao abeiro desta convocatoria os gastos de notaría e rexistro, servizos de profesionai, taxas, licenzas administrativas, gastos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de vendas online, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamento de local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, e subministración de servizos imputables ao desenvolvemento da actividade ( calefacción, auga, electricidade, telefonía e internet).

En relación cos requisitos que deben cumprir os beneficiarios da convocatoria das subvencións, ademais dos requisitos comúns ─ ser persoas nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega ou ben os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as  daquelas ── as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes:
a) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
b) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data da súa alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional.
c) Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Por outra banda, as persoas solicitantes deberán cumprir uns requisitos específicos, segundo se trate de traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado:

1. Traballadores/as autónomos/as ou por conta propia:
a) Ser titular ou copartícipe dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens de nova creación.
b) Terse dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda, no período comprendido entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de setembro de 2014.
 
2. Socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado:
a) As entidades deberán estar legalmente constituídas e/ou inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.
b) Afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras no período comprendido entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de setembro de 2014.
c) Ao menos un/unha dos/as socios/as traballadores/as deberá ter a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 3 das bases reguladoras.
 
Pode consultar en detalle estes e outros aspectos da convocatoria a través do seguinte enlace:
http://emigracion.xunta.es/actividade/lina-de-axuda/subvencions-promover-o-autoemprego-e-actividade-emprendedora-das-persoas-0
Ou ben poderá obter información nos seguintes números de teléfonos ou correo electrónico:
Servizo de Planificación e Xestión de Programas:
0034 981 957162
00 34 981 547284
e-mail: Cet e-mail est protégé contre les robots collecteurs de mails, votre navigateur doit accepter le Javascript pour le voir
Dernière mise à jour : ( 06-03-2014 )
 
< Précédent   Suivant >