Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Novas arrow Homenaxe as víctimas do acidente de ferrocaril de Santiago de Compostela
Homenaxe as víctimas do acidente de ferrocaril de Santiago de Compostela PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Matias Vazquez   
24-08-2013
NO TRANSLATION AVAILABLE

Fai un mes exactamente, ocorría unha terrible traxedia humana en Galicia que nos custará superar en moito tempo. Mañá, domingo 25 de agosto, a comunidade española de Lausanne e a galega en especial renderá homenaxe ás vítimas do accidente nunha misa oficiada pola Misión Católica de lingua Española na Igrexa de San Francisco de Asís en Renens ás 11:30, onde teremos o honor de poñerlle banda sonora.

Mañá tamén renderemos homenaxe ós heroes da traxedia : Os veciños de Angrois que non dubidaron en saltar a vía co que tiñan na casa para empezar a sacar a xente do tren e axudar no que puideran. Arrancaron portas das súas casa para facer de camillas, cubriron os falecidos coas mantas que tiñan a man. Pero tamén os equipos de urxencia que acudiron a axudar, os que non estaban de servizo e presentáronse para botar unha man nos hospitais a atender a xente, os bombeiros que desconvocaron unha folga para acudir cantos mais. Pero tamén os galegos que se presentaron masivamente e espontaneamente as portas dos centros de transfusión para doar sangre. Pel de pita foi a primeira sensación que nos deu ao asistir a tal manifestación de xenerosidade dos galegos.

É curioso asistir o paseillo dos políticos e demais personalidades oficias vir a sacarse a foto no lugar do suceso e facer declaracións. A carta dun veciño de Angrois publicada na Voz de Galicia reflexa perfectamente o que crean eses danos protocolarios : "Nos han manipulado, no nos han dejado pensar. Todos se han lavado la cara con nuestras lágrimas"

É curioso tamén ver como a xente lembra momentos puntuais da súa vida con especial atención, por exemplo, son poucas as persoas que non saberán contarche con mais ou menos exactitude onde estaban cando ocorreu o 11s ou o 11m. Para os Galegos a traxedia do descarrilamento do Alvia en Angrois quedará marcada para sempre, e en especial para os que estaban en Compostela ou en calquera recuncho de Galicia aquel día, véspera do día grande da nosa terra.

Que a terra lles sexa leve.
 
20130727QuintanaDosTristes.png
última actualización ( 19-02-2014 )
 
< Ant.   Seg. >