Pasamento de D. Henrique Otero Covelo |
|
|
|
Written by Matias Vazquez
|
vendredi, 19 avril 2013 |
There are no translations available
Dende a ACG A Roda temos a profunda tristeza de anunciar o pasamento de D. Henrique Otero Covelo.
Nos anos 90 estivo en Lausanne dando clase no Centro Galego. Naquela época marcou profundamente para sempre varios gaiteiros e músicos que logo formaron parte da Roda transmitindo o coñecemento recibido do grande e xeneroso Gaiteiro do Fragoso.
Daquela época quédanos unha fermosa peza que compuxo en Lausanne, a Muiñeira de Ouchy."A grata lembranza do Centro Galego de Lausanne inspiroume o ritmo vivo e alegre desta muiñeira. Nese centro, no que dei cursos de Gaita entre os anos 1993-1994, coñecíaseme entre o alumnado como Sr. Henrique"
- Henrique Otero Covelo -
|
Last Updated ( jeudi, 16 mai 2013 )
|