Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow 2013 Un ano de desafíos
2013 Un ano de desafíos Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Matias Vazquez   
11-01-2013

ImageMañan 12 de xaneiro volvemos ós negocios : cultura, musica, baile, gastronomía e todo iso con moita galeguidade e un equipo humano impagable. 2013 será un ano de desafíos para a nosa asociación, novas actividades e mais proxectos; un festival Interceltico con nosos paisanos do centro Asturiano de Lausanne sumarase ós demais eventos que levamos organizando dende xa fai uns cantos anos.

Con 2013 chega tamén unha nova lexislatura en Galicia e con ela un novo Secretario Xeral de Emigración, Será un ano de transición moi interesante nas relacións coa Galicia institucional, coa Galicia austera e en crises.

2013 é un ano de cambios, Daniel Porto, despois de mais de 20 anos oficiando como gaiteiro pero sobre todo como mestre de gaita e da vida, tómase un descansiño ben, ben merecido para dedicarlle mais tempo a súa familia. Neses 20 anos, Porto formou unha cantidade impresionante de músicos tradicionais cunha paciencia e un nivel de calidade sen fallos, incluíndo o redactor destas liñas, por eso nunca nos chegaran as grazas. Nunca.

2012 foi un ano de agradecer, en 2012 apareceu un OVNI nas nosas vidas, un gaiteiro-requinteiro da Ulla que fíxonos o honor de compartir as nosas vidas durante uns meses intensos e que deixará moita pegada entre nos e unhas amizades de por vida. A vida de artista é así. Para el tamén nunca nos chegaran as grazas por ese momento de frescura na nosa rutina. Sir Albela i Lady Julia, todo o mellor para vos nesa nova etapa o servizo de súa maxestade en Cardiff.

Ata maña.

Dernière mise à jour : ( 11-01-2013 )
 
< Précédent   Suivant >