Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow Reunión dos Centros Galegos de Suíza
Reunión dos Centros Galegos de Suíza Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Matias Vazquez   
18-11-2012

ImageOs Centros e Asociacións de Galegos de Suíza reunirónse este domingo 18 de novembro na Sociedade "A Nosa Galiza de Xenebra" Onde trataron temas como as relacións coa Administración Galega, as necesidades relativas a nova emigración e o funcionamento dos Centros e Asociacións.

No pasado mandato do Goberno da Xunta de Galicia tensáronse as relacións entre os centros e asociacións galegas de Suíza e a Secretaría Xeral de Emigración dirixida por D. J. Santiago Camba Bouzas, debido a diverxencias de opinións en temas relacionados coas políticas de retorno (anteproxecto de lei do retorno) e as políticas dirixidas a emigración (anteproxecto de lei de Galeguidade). Esas tensións culminaron na celebración do X Pleno de Comunidades Galegas celebrado o pasado mes de xuño en Santiago de Compostela onde a representación Suíza na comisión delegada por Europa non foi renovada. Non obstante, as entidades galegas de Suíza teñen claro os seus obxectivos e miran hacía o futuro con serenidade e vontade de colaborar coas institucións de Galicia.
 
Os presentes na reunión acordaron fixar como obxectivos para 2013 seguir coa labor de coordinación e organizador de novo unha celebración mutua e coordinada do Día das Letras Galegas. A partir do mes de febreiro, seguirmemos informando sobre a organización e desenvolvemento da coordinación.
Dernière mise à jour : ( 12-03-2013 )
 
< Précédent   Suivant >