Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow Eleccións ao parlamento de Galicia 2012
Eleccións ao parlamento de Galicia 2012 Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Matias Vazquez   
05-09-2012

ImageO 27 de agosto de 2012 o Presidente da Xunta de Galicia disolveu o Parlamento de Galicia e convocou eleccións para o 21 de outubro de 2012.

Pode consultar o decreto no Diario Oficial de Galicia no seguinte ligazón :

Que implica isto para a cidadanía Galega no Exterior?

A imposibilidade de poder realizar ou actualizar a súa inscrición o CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes) xa que o censo esta  pechado o 1 de xuño de 2012 e non contabilizaran cambios de circunscricións nos 12 meses anteriores a convocatoria das eleccións.

En Suíza teñen dereito ao voto 30.123 Galegos. Hai 397.284 Galegos con dereito a voto para estas eleccións no exterior.  

A posibilidade de poder controlar súa correcta inscrición no CERA esta aberta nos consulados entre o 3 e o 10 de setembro.

Os horarios do Consulado General de España en Xenebra para a consulta de listas e eventuales reclamacións será o seguinte :

Luns 3 de setembro
 - de 08:15 a 13:00
Xoves 6 de setembro (festivo en Xenebra)  - de 09:00 a 12:00
Domingo 9 de setembro
 - de 09:00 a 12:00
Luns 10 de setembro
 - de 08:15 a 13:00

Que teño que facer para poder votar ?

Ter solicitado o voto antes do 22 de setembro mediante o Impreso de Solicitud de voto al Parlamento Gallego 2012.pdf correctamente cumprimentado e coa documentación requirida por correo ou fax a Delegación da Oficina do Censo Electoral da provincia en Galicia en cuxo censo se encontre inscrito :

A Coruña

Adelaida Muro, 12 -15002 A Coruña España

981 20 62 35

Lugo

Rua Pintor Corredoira, 1 - 27002 Lugo España

982 24 68 72

Ourense

Sáenz Diez, 42 - 32003 Ourense España

988 37 40 61
988 21 09 89

Pontevedra

Iglesias Vilarelle, 2 - 36001 Pontevedra España

986 89 61 24

A Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar cunha folla de instrucións non máis tarde do día 9 de outubro.

O voto poderá ser remitido por correo certificado ou directamente no consulado.

Días de votación no Consulado General de España en Xenebra :

Mércores 17 de outubro - de 9:00 a 20:00
Xoves 18 de outubro
- de 9:00 a 20:00
VVenres 19 de outubro
- de 9:00 a 20:00

Instrucións detalladas :

http://www.maec.es/ES/MENUPPAL/CONSULARES/SERVICIOSCONSULARES/ESPANOLESENELEXTRANJERO
/PARTICIPACIONELECTORAL/Paginas/votarextranjero.aspx

 

http://www.ine.es/prensa/np734.pdf

Dernière mise à jour : ( 03-10-2012 )
 
< Précédent   Suivant >