Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow Letras Galegas - Concursos literarios
Letras Galegas - Concursos literarios Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Matias Vazquez   
23-04-2012

ImageNo marco da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, varias entidades organizan concursos literarios dotados con premios variados :

O Centro Cultural galego de Frankfurt abre as súas portas a tódalas persoas interesadas en participar no concurso literario co motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2012. Haberá dúas modalidades : adultos e infantís. Presentación das obras ata o 25 de maio a dirección de correo electrónico Cet e-mail est protégé contre les robots collecteurs de mails, votre navigateur doit accepter le Javascript pour le voir

Gaña unha Wii, un iPad ou outros premios variados. Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas e de Internet, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

O concurso Lingua de namorar consiste en enviar unha mensaxe de amor, dun máximo de 350 caracteres, que poderá redactarse en prosa ou en verso. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

O prazo para enviar as mensaxes permanecerá aberto ata o 17 DE MAIO.

Para participar é preciso cubrir o formulario de inscrición que atoparás na páxina
http://www.xunta.es/linguagalega/linguadenamorar

Do 18 ao 25 de maio abrirase un prazo para que os usuarios e usuarias voten polas súas mensaxes favoritas. Cada usuario/a poderá votar por un máximo de tres mensaxes en cada unha das categorías de idade.

Establécense dúas categorías de idade:

Categoría A: de 14 a 19 anos
Categoría B: de 20 a 35 anos

As mensaxes gañadoras recibirán os seguintes premios:

Categoría A:
1º Un computador netbook
2º Unha consola Wii
3º Unha cámara de fotos dixital

Categoría B:
1º Un iPad
2º Un libro electrónico cunha selección de títulos en galego
3º Unha cámara de fotos dixital

O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as mensaxes gañadoras de entre as 100 declaracións máis votadas  polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.

Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 30 de maio no mesmo espazo  web.

No mes de xuño haberá unha entrega de premios que terá lugar en Santiago de  Compostela.

Accede ás bases completas do concurso en
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/bases_lingua_namorar.pdf
Dernière mise à jour : ( 05-09-2012 )
 
< Précédent   Suivant >