Menu Content/Inhalt
Obxectivos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Antonio Villamarín   
12-03-2008

A Roda ten como principal labor:

Manter e fomentar o interese da colonia galega de Suiza polos costumes e tradicións de Galicia.

Ensinar as músicas e danzas galegas coa axuda dos nosos profesores.

Interpretar e presentar en público o contido do noso nutrido repertorio.

Difundir a cultura e o folclore galego á nosa contorna, en Suiza e en todos aqueles lugares de Europa onde se representan os nosos grupos de danzas ou a nosa banda de gaitas

Medios para levar a cabo os nosos obxectivos:

Representacións dos nosos grupos de danzas e gaitas en festas e eventos de carácter cultural, dentro e fóra de Suiza.

A nosa asociación, implicando a tódolos seus membros e amigos, programa cada ano a súa festa de referencia. A festa do pemento de Padrón e A sardiñada

Esta festa ten lugar un fin de semana do mes de xuño.
O sábado é a festa de exaltación do pemento de Padrón animada por tódolos grupos de danza e banda de gaitas de A Roda.

O domingo é o día da sardiña. Organízase un festival folclórico no cal actúan grupos folclóricos de toda Suiza e grupos doutros países.

Nas últimas edicións tivemos o privilexio de contar con grupos portugueses de Suiza, e grupos galegos de Suiza, Galicia, Cataluña e Holanda.

última actualización ( 30-09-2010 )