Menu Content/Inhalt
Hstoria PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Antonio Villamarín   
08-03-2008

A RODA foi fundada en setembro de 1991 en Lausanne por D. Manuel Rodríguez Novoa coa colaboración de Da María de la Iglesia, José Manuel Gutiérrez e Andrés Anido. Nese momento denominóuselle Agrupación Folclórica A Roda.

Nos seus comezos, A RODA contaba con 12 bailaríns, e por falta de músicos, nas súas actuacións, utilizábase un radio-casete para reproducir a música. Pouco tempo despois incorporáronse unha gaita, un bombo e un tamboril. Máis tarde coa incorporación de novos bailaríns e músicos máis novos e cun traballo asiduo, aparecen os resultados de tantos esforzos.

En 1994, A Roda obtivo o primeiro premio no Festival folclórico de música e Baile Galego, conseguido en Suhr, Suíza. A partir dese momento contábase xa cun grupo de música e baile de 30 persoas.

En 1999, trala disolución do Centro Galego de Lausanne, unha parte do seu grupo
OS ENXEBRES, intégrase e fusiona co grupo A RODA.
A RODA conta xa con 75 músicos e bailaríns e pasa a chamarse Asociación Cultural Galega A RODA.

Na actualidade, A RODA conta con 3 grupos de baile e unha banda de gaitas (55 persoas). Impártense cursos de baile, de gaitas e de pandeiretas para debutantes.

última actualización ( 09-02-2012 )
 
Seg. >