Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Novas arrow V Cursos Xarabal
V Cursos Xarabal PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Banda de Gaitas Xarabal   
11-03-2009
A BANDA DE GAITAS XARABAL informa:

Por 5º ano consecutivo, e coincidindo co 25 aniversario, a Banda organiza os seus Obradoiros. Este ano os cursiños celebraranse os días 9, 10 e 11 de abril (xoves, venres e sábado coincidindo coa Semana Santa).
Os cursiños dispoñíbeis nesta edición serán:

* Gaita: técnica e interpretación. Impartido por Diego Mariño
* Empalletado e afinación. Impartido por Xurxo Fernández
* Construción de palletas. Impartido por Patricia Cela
* Percusión tradicional. Impartido por José Carlos Villar Bouza
* Percusión folk. Impartido por Lucía Martínez
* Zanfona. Impartido por Xaime Rivas
* Traverso tradicional. Impartido por José Liz

Todo os obradoiros impartiranse no colexio pÚblico San Salvador de Teis(Vigo).

O horario de obradoiros é de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00. A distribución en sesións sería:

Duas sesións (9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00)
  • Construción de palletas
Sesión de mañá (9:00 a 13:00)
  • Gaita: técnica e interpretación
  • Empalletado y afinación
  • Percusión tradicional
  • Traverso barroco
Sesión de tarde (16:00 a 20:00)
  • Zanfona
  • Percusión folk
  • Gaita técnica e interpretación
Os cursos pódense contratar en dúas modalidades: unha inclúe a comida e a oUtra non. Ademais débese ter en conta que se fai un desconto á xente que se matricule en dous obradoiros. Coma excepción atópase o curso de construción de palletas que, por estar composto de dúas sesións, considérase coma dous obradoiros. Os prezos quedarían coma siguen:

1 obradoiro 2 obradoiros
Sen comida 75 € 125 €
Con comida 100 € 150 €

* Debido a que existen obradoiros con límites de prazas, estabécese un período de preinscrición.
* Os alumnos/as serán admitidos nos obradoiros por rigorosa orde de preinscrición.
 
PRAZOS:
 
Sábado 4 de Abril -> Data límite para enviar a preinscrición.
Martes 7 de Abril -> Data límite para que os alumnos/as admitidos nos cursiños fagan efectivo o pagamento

Toda a información, incluída a folla de preinscrición, está dispoñíbel en:
www.xarabal.org ou www.myspace.com/xarabal.

A BANDA DE GAITAS XARABAL
última actualización ( 11-03-2009 )
 
< Ant.