El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

     Gaiteiros da Xistra é unha asociación sen ánimo de lucro domiciliada en Coruxo (Vigo – Galicia), cuxo principal obxectivo resúmese no ESTUDIO e DIVULGACIÓN dos costumes, músicas, cantos e danzas do folclore tradicional e popular galego.

     A súa orixe está íntimamente ligada a dous colectivos previos: a XISTRA DE CORUXO como grupo de música tradicional no que participan os seus fundadores e cuxa primeira aparición en público data de marzo de 1988, e o Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo (C.R.A.C.C.) como entidade cultural á que todos eles estaban vencellados formando parte da súa xunta directiva e como responsabeis das súas aulas de música e danza galega.

     Na percura de cumprir co seu primeiro obxectivo, Gaiteiros da Xistra adica gran parte dos seus esforsos á realización de traballos de campo centrados, casi exclusivamente, na área xeográfica que denominan XISTRALIA, que comprende á zona do Alto Minho portugués máis próxima á desembocadura do río Miño e ás diferentes bisbarras do sur da provincia de Pontevedra (Baixo Miño, Condado, Val da Louriña, Val Miñor, Paradanta, Vigo, Morrazo,...); onde algúns dos seus componentes imparten aulas de tradición musical a través de colectivos culturais e veciñais.

     Asemade, a Asociación dá moita importancia ao aspecto divulgativo artellando unha serie de accións que abranguen diferentes eidos culturais: a creación de grupos artísticos de carácter permanente (XISTRA DE CORUXO, A CHARURGA DA XISTRA,...) e outras formacións determinadas por proxectos concretos (TREBOADA GALEGA, RANCHO DE REIS, DANZA DE ESPADAS,...), a organización ou co-organización de eventos folclóricos de índole nacional (HOMENAXE AO GAITEIRO, II ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS-GALICIA 1995, XORNADAS DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL DO CONCELLO DE VIGO,...) e internacional (FOLCLÓRICO INTERNACIONAL DE CORUXO, FESTIVAL FOLCLÓRICO DO CONCELLO DE VIGO, AS LIZADIAS, GALICIA NAS TERRAS DA GAITA,...), a edición de 5 C.D., a presenza en 10 gravacións discográficas con varios autores, as edicións videográficas (DO MIÑO? ... MINHOTEIRO, GALICIA NAS TERRAS DA GAITA,...) ou as participacións en diferentes congresos, conferencias e debates sobre a música popular galega.

   Tamén é de subliñar o importante papel que Gaiteiros da Xistra desenvolve en edicións escritas (revistas especializadas, boletíns culturais do movemento asociativo, universidades,...) Neste eido sobresae o apoio e a presenza nos traballos do antropólogo Xerardo F. Santomé, fundador e actual presidente da Asociación (O MERDEIRO: UN PERSOAXE DO ENTROIDO VIGUÉS, OS MORENOS DE LAVADORES, TREBOADA GALEGA,...)

      Por todo elo, o colectivo, a través do traballo de Xistra de Coruxo, foi recoñecido pola Televisión de Galicia como O MELLOR GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA o ano 2001.

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 Reservados todos os dereitos © A. F. Gaiteiros da Xistra
 Camiño do Ceán, 48     /       36.331 - CORUXO (VIGO)
Tfno. +34 606 415 346