Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow Axudas a un retorno emprendedor
Axudas a un retorno emprendedor Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia   
01-04-2015

ImageEstimad@s amig@s,

Queremos informarvos que ata o 30 de setembro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados/as emprendedores/as, que poden chegar ata os 8.000 € e que son compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, das que tamén se poden favorecer as persoas emigrantes retornadas.

Son, por tanto, unha oportunidade importante para todos/as aqueles/as que queiran ubicar fisicamente a súa empresa -ou abrir unha delegación da xa existente- na Galicia territorial.

Achegámosvos ligazón á web http://emigracion.xunta.es/node/25624 na que se pode atopar a información ao completo, e PREGÁMOSVOS QUE O DIVULGUEDES, coa fin de que esta información chegue ao maior número posible de persoas. Tamén tedes un resumo da información en http://emigracion.xunta.es/node/25622

Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia

Síguenos en GaliciaAbertaSíguenos en FacebookSíguenos en TwitterSíguenos en YouTubeSíguenos en IssuuRSS
Dernière mise à jour : ( 04-11-2015 )
 
Suivant >