Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow Escolas Abertas 2013
Escolas Abertas 2013 Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Matias Vazquez   
15-03-2013

ImageEscolas Abertas é un programa da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia destinada aos docentes da tradición galega na diáspora. Consiste nunha formación intensiva presencial en Galicia dunha duración de 50 horas (15 días). 

Os obradoiros desenvolveranse no mes de xullo do ano 2013.

O número de prazas ofertadas ascende a un total de 90 distribuídas por países do se guinte xeito :

 Area de residencia Cantidade de prazas ofertadas
 Arxentina
 31
 Uruguai  13
 Venezuela  9
 Brasil
 6
 Cuba
 7
 Outros países americanos 
 10
 Europa  10
 España (Galicia excluida)  5
 Total  91

Formación intensiva e duración mínima de 50 horas lectivas teórico-prácticas. Carácter participativo.

Ademais dos gastos derivados da organización e desenvolvemento dos obradoiros, a Secretaría Xeral da Emigración farase cargo do custo da estadía e da viaxe de todos os participantes desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia e ao lugar de impartición dos obradoiros.

Os criterios de valoración serán os seguintes:

I) Obradoiros de gaita tradicional galega, baile tradicional galego, canto popular e pandeireta e percusión tradicional galega:

I.1. A calidade técnica da gravación valorarase ata un máximo de 60 puntos distribuídos do seguinte xeito:

I.1.1. No caso dos obradoiros de gaita tradicional galega, canto e pandeireta e percusión tradicional galega:

Criterio
Valoración
 a) Afinación  ata un máximo de 15 puntos.
 b) Expresión  ata un máximo de 15 puntos.
 c) Rítmica  ata un máximo de 15 puntos.
 d) Estética musical  ata un máximo de 15 puntos.
 Total :
 60 puntos.

I.1.2. No caso do obradoiro de baile tradicional galego:

Criterio
Valoración
 a) Expresión  ata un máximo de 20 puntos.
 b) Rítmica  ata un máximo de 20 puntos.
 c) Técnica:  ata un máximo de 20 puntos.
 Total :
 60 puntos

I.2. Alumnos solicitantes que non teñan participado nas tres últimas edicións destes programas: 20 puntos.

I.3. Segundo o número de alumnos da escola ou grupo de baile, gaita ou canto e percusión da entidade solicitante, tendo en conta, en cada caso, a modalidade solicitada: ata un máximo de 10 puntos.

Criterio 
Valoración 
 Ata 10 alumnos  4 puntos.
 De 11 a 25 alumnos  6 puntos.
 De 26 a 50 alumnos  8 puntos.
 Máis de 50 alumnos  10 puntos.

II) Obradoiro de confección de traxe tradicional galego:

Criterio 
Valoración 
 II.1. Estar en posesión do título oficial de corte e confección  20 puntos.
 II.2. Ter experiencia en corte e confección de traxe tradicional galego debidamente certificada pola entidade galega  20 puntos.
 II.3. Alumnos solicitantes que non teñan participado nas tres últimas edicións destes programas  20 puntos.
 Total :
 60 puntos

No caso de empate, este desfarase pola orde alfabética dos apelidos dos solicitantes, empezando por aqueles cuxo primeiro apelido empece pola letra «X», segundo o sorteo que tivo lugar en cumprimento do disposto no Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia cuxo resultado foi feito público por Resolución do 15 de xaneiro de 2013 (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro). En caso de renuncia, por causas debidamente xustificadas, da persoa proposta pola entidade solicitante, procederase a adxudicar a praza vacante ao seguinte candidato segundo a puntuación obtida por aplicación dos criterios de valoración e que pertenza a unha entidade do mesmo continente. No caso de renuncia de solicitantes que sexan persoas físicas, procederase a adxudicar a praza vacante ao seguinte candidato, segundo a puntuación obtida con base nos criterios de valoración indicados anteriormente e no caso de non existir candidato que reúna os coñecementos axeitados para participar acumularase a praza vacante ás prazas ofertadas para as entidades galegas. 

Programa :

I. Gaita tradicional galega.

I.1. Modulo 1: Breve punto teórico.

a) Breve historia da música galega.

b) As fontes musicais.

c) Organoloxía.

d) Sistema de notación na gaita.

I.2. Módulo 2: Praxe instrumental.

a) Afinación e son.

b) Articulación.

c) Ornamentación.

d) Interválica.

e) Repertorio.

f) Pedagoxía do instrumento.

I.3. Módulo 3: Recursos para o alumnado.

a) Bibliografía, gravacións, internet, software musical.

II. Baile tradicional galego.

a) Especialización nas técnicas base do baile tradicional galego.

b) Aprendizaxe de novas técnicas e diferentes bailes.

c) Didáctica do baile tradicional galego (técnicas de ensino).

d) Formación complementaria en forma de charlas e análise de material audiovisual.

III. Percusión tradicional galega.

I.1. Modulo 1: Breve punto teórico.

a) Breve historia da música galega.

b) As fontes musicais.

c) Organoloxía dos instrumentos de percusión (bombo, tamboril).

d) Sistema de notación para a percusión tradicional galega.

I.2. Módulo 2: Praxe instrumental.

a) Afinación (bombo e tamboril).

b) Mantemento do instrumento.

c) Técnica.

d) Outros instrumentos de percusión (pandeiro, pandeira e tarrañolas).

e) Improvisación e acompañamento sobre melodías de gaita.

f) Pedagoxía do instrumento.

I.3. Módulo 3: Recursos para o alumnado.

a) Bibliografía, gravacións, internet, software musical.

IV. Canto popular e pandeireta.

a) Visión do canto e da percusión en Galicia a través da historia.

b) Clasificación funcional dos distintos cantares e a súa relación co ciclo anual (cantos

de entroido, os maios, o nadal ...).

c) Os distintos xeitos de tocar e cantar os ritmos da nosa música tradicional (xotas, muiñeiras, agarrados etc.).

d) Presentación doutros tipos de percusión que tamén acompañan os cantares (culleres, pandeiro, pandeira, botella de anís, cunchas, lata, sachos, tixolas etc.).

e) Formación vocal e auditiva, respiración e vocalización.

f) Montaxe de repertorio.

V. Confección de traxe tradicional galego.

a) Historia do traxe tradicional galego.

b) Materiais empregados.

c) Mostra de pezas reproducidas a partir de recolleitas.

d) Patronaxe de pezas antigas.

e) Directrices básicas na confección de pezas.

f) Confección de pezas. Lenlla-mantela, dengue, saia, raxeta, zagalexo ...

g) Técnicas de costura empregadas tradicionalmente.

h) Elaboración de fita gastadeira e botón de fío de xeito tradicional.

i) Aproximación aos bordados nos zagalexos/baixeiras.


Dernière mise à jour : ( 11-04-2013 )
 
< Précédent   Suivant >