Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow Alborada para Rosalía
Alborada para Rosalía Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par AGG   
15-02-2013

ImageEste ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" por Rosalía de Castro.

O vindeiro domingo 24 de febreiro (Día de Rosalía e 176 aniversario do seu nacemento), celebraremos a “Alborada para Rosalía”, un acto promovido pola Fundación Rosalía, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo e a Asociación de Gaiteiros Galegos.

Dende a AGG animamos a que todos os grupos de música tradicional e gaiteir@s que o desexedes, saiades ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos...para dar unha alborada de gloria en honra á poeta padronesa en todas as vilas e cidades do país.

Dende a AGG animamos a que todos os grupos de música tradicional e gaiteir@s que o desexedes, saiades ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos...para dar unha alborada de gloria en honra á poeta padronesa en todas as vilas e cidades do país. Rosalía

Xa podes consultar toda a información sobre a Alborada para Rosalía e deixar constancia da túa participación, ou da do teu grupo, no seguinte enlace:

http://rosaliadecastro.org/chamamento-gaiteiros/

Neste enlace atoparás información para promocionar e compartir este evento, para localizar a actuación do teu grupo, e as distintas maneiras de subir as fotos ou os videos das vosas actuacións ás redes sociais.

Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta...

Unha ligazón á partitura do Gaiteiro de Soutelo :

https://dl.dropbox.com/u/78256489/ARC/arc2.jpg

Unha ligazón a Youtube para escoitar aos Gaiteiros de Soutelo :

http://www.youtube.com/watch?v=x-rqt6YrgSU

Unha ligazón a Youtube para escoitar a Alborada por Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira :

http://www.youtube.com/watch?v=ssXDblEHILE

Dernière mise à jour : ( 12-03-2013 )
 
< Précédent   Suivant >