Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow VII Festa da pandeira
VII Festa da pandeira Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Juanjo Fernández   
20-08-2012
pandeira.pngUn ano máis a cita en Piornedo con casi tódalas tocadoras de pandeira que quedan na zona montañosa chamada Ancares, situada entre Lugo, León e Asturias. Un xantar adicado a elas (so con invitación) e ás cinco da tarde as intervenciois destas mulleres con canciois, toques e anécdotas, todo alternado con baile da zona e outros instrumentos tamén da zona: gaita e trompa. Unha boa ocasión para visitar Piornedo, unha aldea na que se conservan moi ben un bon número de arcaicas pallozas de planta redonda e cuberta vexetal, todo un símbolo da Galicia máis antiga.

Previsión de asistencias

*Cecilia de Coro (Piornedo, Lugo)*

*Pilar de Marelo (Piornedo, Lugo)*


*Inés de Naipes (Donís, Lugo)*


*Aurelia da Fonte (Villaver, Lugo)*


*Argentina Frey (Prado, León)*


*Dulcinea Villar (Paradiña, León)*


*María e Arcides González (Trabao, Asturias)*


*Cecilia González (Trabau, Asturias)*


*Esther e Valentina González (Lumeiras, León)*


*Laura Osorio (San Martín de Moreda, León)*


*Adelaida González (Vilarmeirín, Asturias)*


*Rosa Abella (Espinareda de Ancares, León)*


*Nélida Osorio (Espinareda de Ancares, León)*


*María de Alonsico (Suárbol, León)*

Agradecimentos

*Grupo vocal Cernellas (Centro Social de Bóveda)*

*Grupo vocal de Becerreá*

Organización

*A. C. “O Teixeiro”*

*Grupo “Polavila”*


*Juanjo Fernández*

Subvención

*Área de Cultura da Deputación de Lugo*

Información

As percusiois de mao do tipo da pandeira son moi numerosas en todo o mundo. Comparten a mesma configuración básica de aro e parche pero hai moitas diferencias máis ou menos destacadas, conforme ás tamén diferentes tradiciois das zonas do mundo nas que se tocan. As principais diferencias están no diferente papel musical de cada percusión, unido ó diferente papel social dos tocadores ou tocadoras.
 
En Galicia, Asturias ou León a pandeira ten un uso profano e sirve de  acompañamento á voz, polo que o toque ten algo de monótono, de simple, sen os virtuosismos que se xeneran nas percusiois que acompañan a instrumentos melódicos (vento, corda, etc.). Na nosa zona, demáis, a tradición oral conservou os esquemas no tempo con moita fidelidade.
 
A tal punto non sorprende que os tocadores de pandeireta, nos grupos de gaita que proliferaron en Galicia a mediados do XX, desenvolviran un repertorio de variaciois considerable,  botando mao dun riscado casi inexistente con anterioridade que entre todos, homes e mulleres, explotaron con moito éxito.*
 
Fora de España atopamos moitas percusiois da familia como daf, gaval, riq, bendir, bodran, etc., exportadas a paises industrializados. Desvinculadas das tradiciois orixinais e da voz tócanse con virtuosismos inimaxinables, grazas ó tesón de xóvenes que gastan moitas horas na percura dese pracer ou, algo cada vez máis frecuente, na busca de profesionalización.
 
Esta séptima edición da FESTA DA PANDEIRA está adicada a Aurelia Gómez, nacida en Moreira en 1.935. Aurelia sembrou en nos a pasión pola pandeira porque foi a primeira tocadora que conocimos, a que mellor estudiamos e unha das máis virtuosas. Voluntariosa e amable sempre acude cando se lle chama, sempre se presta cando se lle pide tocar. Non se sinte cómoda cantando pero conoce moitas cántigas e romances interesantes. O máis destacado dela é a maneira que ten de tocar a dúas maos, moi persoal e efectiva aínda que tamén toca cunha soa mao cando quere.*

Programa

13.00 h. Acollida

Chegada das tocadoras a Piornedo desde os seus lugares de residencia, presentaciois, etc.
 
14.00 h. Xantar homenaxe
 
Asistencia namais con invitación. Xantar homenaxe ás tocadoras asistentes na escola de Piornedo, ca idea de reforzar lazos de fraternidade.

17.00 h. Actuaciois
 
Asistencia libre. As tocadoras que o desexen realizarán diversas interpretaciois ca pandeira.
 
20.00 h. Baile nocturno
 
Interpretaciois expontáneas para baile a cargo dos músicos e cantadores que sempre hai entre o público asistente.
Dernière mise à jour : ( 05-09-2012 )
 
< Précédent   Suivant >