Menu Content/Inhalt
Accueil arrow News arrow Xa chegou o verán
Xa chegou o verán Convertir en PDF Version imprimable Suggérer par mail
écrit par Matias Vazquez   
30-06-2012

ImageXa chegou o verán, despois de 6 meses de actividade intensa, a Associación Cultural Galega a Roda tómase un descansiño ata a volta o cole en setembro.

 

Antes de nada, agradecerlle a xente a súa participación nas actividades que levamos a cabo neste primeiro semestre de 2012, seminario de canto e percusión con Leni Pérez, un karaoke oitentero que foi cachondísimo, o bar no carnaval de Lausanne, a Caravane des Quartiers no barrio de Montelly, a festa da Misión Católica de Lingua Española, a celebración das Letras galegas en colaboración cos nosos paisanos da Promoción da Cultura Galega de Lausanne, as aventuras na Semana Cultural Galega de Frankfurt, a saída improvisada a "le Monde se fête à Ecublens", a "Fête Multiculturelle de Vevey", e claro como non, A Festa do Pemento e Sardiñada que este ano grazas o traballo de todos foi todo un exitazo. Tamén agradecerlles a esas persoas, asociacións e empresas que sempre estan dispoñibles para botar unha man neses pequenos detalles de todolos días que nos permiten levar a cabo as actividades.
 
Acaba de rematar o X Consello de Comunidades Galegas, órgano representativo da diáspora galega e presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo. Neste último Consello, os centros e asociacións de Suíza quedáronse sen representación na Comisión Delegada, órgano permanente de representación da diáspora durante os próximos 3 anos. Nestes 6 últimos meses tamén nos quedamos sen dereito a voto nas eleccións municipais, sen caixas de aforro e sen vergonza para algún político.
 
Nembragantes, xa chegou o verán e iremos o Festival de Ortigueira, as festas do Apóstolo, a Carballeira de Zas , os concertos de María Pita ou de Castrelos, as sardiñadas, pancetadas, pulpadas e demais paparolas, estaremos coa familia como non, estaremos cos amigos, iremos de verbenas, botarémoslles a partida ós abos e a volta en setembro seguiremos facendo as cousas con ilusión, dedicación e esmero pero tamén seguiremos cultivando o nos sentido crítico.
 
Bo verán a todas e todos! 
Dernière mise à jour : ( 05-09-2012 )
 
< Précédent   Suivant >