Obxectivos |
Escrito por Antonio VillamarÃn | |
12-03-2008 | |
A Roda ten como principal labor: Manter e fomentar o interese da colonia galega de Suiza polos costumes e tradicións de Galicia. Ensinar as músicas e danzas galegas coa axuda dos nosos profesores. Interpretar e presentar en público o contido do noso nutrido repertorio. Difundir a cultura e o folclore galego á nosa contorna, en Suiza e en todos aqueles lugares de Europa onde se representan os nosos grupos de danzas ou a nosa banda de gaitas Medios para levar a cabo os nosos obxectivos: Representacións dos nosos grupos de danzas e gaitas en festas e eventos de carácter cultural, dentro e fóra de Suiza. A nosa asociación, implicando a tódolos seus membros e amigos, programa cada ano a súa festa de referencia. A festa do pemento de Padrón e A sardiñada Esta festa ten lugar un fin de semana do mes de xuño. O domingo é o día da sardiña. Organízase un festival folclórico no cal actúan grupos folclóricos de toda Suiza e grupos doutros países. Nas últimas edicións tivemos o privilexio de contar con grupos portugueses de Suiza, e grupos galegos de Suiza, Galicia, Cataluña e Holanda. |
|
última actualización ( 30-09-2010 ) |